Juan Carlos Valerón Santana

  • hace 14 años
Juan Carlos Valerón Santana, nado en Arguineguín, As Palmas, é un futbolista canario. Xoga de mediapunta e o seu primeiro equipo foi a Unión Deportiva Las Palmas.

É considerado por algúns coma un deus...ben feito!!!

Valerón é un xogador que destaca pola súa calidade técnica impresionante e visión de xogo, cun talento único para dar o último pase.

Empezou xogando nas categorías inferiores da Unión Deportiva Las Palmas. Despois dunha gran tempada no Mallorca fíchao o Club Atlético de Madrid. No clube colchoeiro faise coa titularidade ante Juninho, fichaxe estrela do clube tempo atrás. Tras dúas malas tempadas do equipo que acaban co descenso á Segunda División é trapasado ó Deportivo de La Coruña.

No Deportivo de La Coruña gaña a Supercopa nada máis aterrar no club. Un par de tempadas despois gaña a Copa do Rei e unha nova Supercopa. No club coruñés é titular dende a súa chegada, e o auténtico cerebro do ataque da escadra branquiazul.

Recomendada