El BNG confía en una candidatura “plural, comprometida y feminista” para llevar Vigo más allá

  • el año pasado
O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de presentar este luns os dez primeiros postos da súa candidatura cara as eleccións municipais do 28 de maio. A fronte nacionalista confía nun equipo plural, comprometido e feminista para levar ‘Vigo máis alá’ -lema de precampaña- cunha lista paritaria, renovada nun 80% e cunha idade media de 47 anos encabezada polo actual concelleiro e candidato, Xabier P. Igrexas.

“Presentamos unha candidatura diversa e plural para dar resposta aos retos dunha cidade felizmente diversa e plural”, asegurou durante o acto presentación o candidato do BNG de Vigo, que agradeceu a “xenerosidade destes compañeiros e compañeiras que dan un paso ao fronte comprometéndose co proxecto de transformación construtivo e positivo que representa o Bloque para a nosa cidade”.



Igrexas destacou que é unha candidatura “potente, solvente e rigorosa”, formada por viguesas e vigueses “capaces, honestas e que coñecen a realidade social e as necesidades reais da cidade”. Persoas con diversos perfís tanto profesionais como no ámbito social que, afirmou o cabeza de lista, son os nomes que formarán o futuro grupo municipal do BNG no Concello.

O candidato do Bloque mostrouse convencido de que “imos ser capaces entre todas e todos de sumar a moitos millares de viguesas e vigueses que saben e senten que Vigo merece máis”, apelando a aqueles veciños e veciñas que “están fartas desta inercia, do abandono dos nosos barrios e parroquias e de quen só pode ofrecer máis do mesmo”.



“O BNG encaramos as vindeiras eleccións indo a por todas, con toda a ambición e sen límites“, remachou. A fronte nacionalista confía así en lograr dar “un grande salto a partir do 28 de maio” para ser a “garantía dun novo impulso para Vigo” que permita avanzar cara unha cidade máis habitábel e verde, máis igualitaria e socialmente xusta, que volva ser o pulmón industrial de Galiza, un berce da vangarda na creación cultural e que asuma o seu papel como maior cidade de Galiza exercendo como verdadeiro motor de todo un País.



Resumo biográfico da candidatura



1. Xabier Pérez Igrexas Val do Fragoso

Concelleiro e Portavoz municipal do BNG de Vigo desde o 2019, desenvolvendo neste tempo máis de 800 iniciativas e propostas para mellorar a nosa cidade. Implicado desde moi novo nos movementos sociais, fixo parte activa do asociacionismo veciñal desempeñando como secretario da FAVEC, no estudantil como secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes, e tamén a nivel sindical asumindo diferentes responsabilidades na CIG. Administrativo de profesión, exerceu tamén como colaborador xornalístico en diferentes medios de comunicación.

2. Ana Martínez Piñeiro A Salgueira
Licenciada en Xeografía e Historia e Especialista en Xestión da Información na Administración e na Empresa. Bibliotecaria na Universidade de Vigo desde 2001. Vicerresponsábel local e responsábel de Cultura e Lingua do BNG de Vigo, colaborou coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na elaboración da súa base de datos

Recomendada