Rías Baixas sorprende en Fitur 2020 con una presentación de cine “Sigue tu instinto”

  • hace 4 años
A campaña turística “Segue o teu instinto” sorprendeu o pasado mediodía de onte ao público na segunda xornada de Fitur 2020 cunha coidada e amena presentación na que participaron tres grandes embaixadoras e embaixadores de Rías Baixas. As actrices Celia Freixeiro (Vida Perfecta) e Xasmín Abuín (Amar é para sempre), e o xornalista Xabier Fortes (Almorzos de TVE), arrouparon á presidenta da Deputación, Carmela Silva, e convidaron aos e as asistentes ao acto para reencontrarse coa natureza e consigo mesmos na provincia de Pontevedra. “Sendas, bosques, fragas, ríos, viñedos a pé de mar,… Vivimos nun paraíso”, subliñou Carmela Silva ante as numerosas persoas congregadas para presenciar o lanzamento da campaña.

https://www.noticiasvigo.es/a-xunta-constata-que-as-medidas-propostas-polo-goberno-central-son-insuficientes-para-garantir-un-prezo-competitivo-para-a-industria-electrointensiva/