Barbeira tacha de falta de respecto as melloras na estrada de Santiago

  • hace 5 años
O candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Santa Comba, David Barbeira, critica a actuación que se está realizando nun treito da vía que une a capital do Xallas con Santiago. "*É unha barbaridade gastar case catro millóns de euros nun pedazo de estrada que non vai achegar absolutamente nada" afirma Barbeira, que se refire a esta actuación como " unha promesa elección tras elección que veño escoitando desde que era pequeno" e coa que se pretende "sacar peito" pero que representa " unha falta de respecto aos veciños". "Esta é a crúa realidade" asegurou o portavoz galeguista a través dun vídeo difundido nas redes sociais. Pediu que esta mellora " sexa ata Santiago" e que se loite por mellorar as comunicacións coa Coruña e a Costa da Morte.

Recomendada